Twist, slow, swing, pasodobles, jotas, mambosÂ…Marful colle o testemuño das pistas de baile dos anos sesenta para presentar un Manual de seducción. Un segundo traballo que dá paso á galanterÃa e ao cortexo permanecendo fiel á súa esencia: o son das orquestras e dos cafés cantantes. O vindeiro dÃa 16, o teatro Colón acollerá a estrea deste manual nun concerto anegado de sorpresas.
“Se o anterior era un disco de fume de tabaco este é máis luminoso, máis cara o exterior” apunta Pablo Pascual. “Este é do dÃa porque ten xardÃns, moita luz, moita luminosidade” apresúrase a puntualizar Marcos Teira. Os dous integrantes de Marful revelan a declaración de principios do que é Manual de seducción un segundo disco no que se poden facer tantas lecturas, como instrumentos se tocan. “Neste disco fixemos un invento, asegura Teira, e tivemos que nós afacer a medida que Ãa saÃndo. Pablo tocou tres clarientes, Pedro tocou infinidade de instrumentos e empregou moitos do recursos que tiña ao seu dispor; eu tirei de todos os xoguetes con cordaÂ…. Unha especie de disco cebola, no que cada un de nós fixemos como dous temas”. E aquà radica un dos encantos de Marful, ese grupo de pequenos detalles, nos que UgÃa Pedreira canta ao amor e ao desamor. Unha linguaxe poética caracterÃstica que ensambla perfectamente con este grupo que se vai facendo ao andar.
Manual de Seducción está gravado nos Estudios Savik Sound co técnico José Trincado nos meses da primavera 2010 e foron acompañados polos seus amigos e colaboradores habituais: Xacobe MartÃnez (contrabaixo) e LAR Legido (bateria e percusións) de Sumrrá.