Ultimamente estamos afeitos á retransmisión televisiva das probas de selección que se converteron en espectáculos en si mesmo. Nervios, soños e ilusións repártense a partes iguais entre os participantes pero non é un concurso, senón que se trata da vida de centos de actores, actrices, bailarÃns, músicos... Esta vez viramos as tornas para ver como se enfronta un director, guionista ou produtor ante unha audición.
É unha das partes máis decisivas do produto creativo. Para Mercedes Suárez, nova directora do Centro Coreográfico Galego e responsable da anterior produción Etheria “é a máis importante de todas as decisións porque son os que, no fondo, están en contacto co público e dan a cara”. Agora ben, como cada xénero ten as súas especificidades, o procedemento é diferente. Falamos cos últimos directores e responsables dos últimos castings que se están a facer en Galicia.
Audiovisual da man de Eduardo Barreiros
Continental Producciones realiza estes dÃas na súa sede na Coruña as probas de selección de Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego, un biopic para televisión que recupera a historia do ourensá que fundou un imperio do automóbil que revolucionou a industria da automoción co seu motor diésel. “Polo perfil do produto buscamos moita gama de personaxes e logo xa tentaremos facer que nos cuadre” explica Paula Cons, directora de contidos de Continental. En pleno proceso de selección, Cons fai un alto nunha xornada maratoniana para apuntar que buscan “desenvolver un casting nas mellores condicións posibles para os actores, o que non é sempre doado para nós como é o de adecuar o guión ao propio cásting, é dicir, se replica un home no guión que na proba tamén o sexaÂ…cousas dese estilo”. Na súa opinión, é un proceso complicado no que hai que solventar en moi pouco tempo moitas dúbidas “Como no proxecto seguimos a vida de Barreiros, precisamos actores novos e vellos e entón é cando pensamos, preferimos avellentalos ou rexuvenecelos; e non só iso, como Barreiros se fusionou coa Chrysler tamén buscamos actores que saiban inglés para cando teñan que falar cos americanosÂ….” Un proceso constante de toma de decisións non exento de dificultades. “A nosa produción vai desde 1926 a 1969 e nesa época a xente estaba máis gorda e, non nos enganemos, os actores galegos non están gordos e temos que buscar e buscar” apunta Paula Cons. Os casting de Continental seguirá en marcha esta semana, co obxectivo de atopar as 15 personaxes para poñerse a rodar non vindeiro outono.
Teatro co Centro Dramático Galego
Ten a peculiaridade que por tratarse dunha compañÃa dependente da Administración, o Centro Dramático Galego estreou este verán con Salomé (estrearase o 26 de novembro) unha nova modalidade de audición ao estilo da función pública. Unha convocatoria pública na que se pedÃa curriculum (con material gráfico e videográfico no caso de dispor del) que revisaba o director da produción (Carlos Santiago) a partir dos que facÃa unha primeira peneira que logo convocaba as probas tradicionais sobre as táboas. “Recibimos 215 curriculums que me levou entre dúas e tres semanas revisar e dos que seleccionei a 64 persoas para 6 actores” explica Carlos Santiago que non se sinte moi cómodo con este procedemento rÃxido que non se segue en ningún teatro público en todo o Estado. En todo caso, durante unha semana, o Salón Teatro converteuse no escenario de proba no que os actores dispuxeron duns vinte e trinta minutos para demostrar que si valÃan para o papel. “Era un casting de teatro e procuramos que se crease o ambiente máis distendido posible. Organicei por parellas aos actores, para poder ver as dinámicas teatrais, e esas pequenas probas non duraban máis de cinco ou dez minutos”. Ademais, as intérpretes que aspiraban ao papel de Salomé tiñan que facer unha proba coreográfica libre para poder ver comprobar a súa versatilidade para o papel. Total que, o resultado moi “con moitos nervios, como non podÃa ser doutra maneira, pero conseguÃn un equipo con excelencia” que comezará a ensaiar en breve.
Danza con Ehteria
Cun proceso moi semellante ao do CDG, o Centro Coreográfico realizou audicións por convocatoria pública para a última produción Etheria. Mercedes Suárez, tamén nova directora do Centro Coreográfico por concurso, preparou unha audición como se fora unha clase. “Do proceso de envÃo de curriculums seleccionamos a unhas corenta persoas para asistir á clase, de hora e media de duración” apunta Suárez. Desa primeira clase quedaron unha vintena de profesionais que asistiron a unha proba concreta no que habÃa unha parte para a improvisación e outra na traÃan unha pequena peza preparada da casa. “Valorabamos en primeiro lugar a técnica, porque non se pode seleccionar a alguén que non é un bailarÃn; e logo valoraramos a expresión, a interpretación. Neste caso concreto non nos interesaba tanto o virtuosismo como a interpretación” puntualiza Suárez, que espera facer a finais deste 2010 as probas de selección para o corpo de baile do Centro Coreográfico Galego.
En pleno verán, as rodaxes agroman e, con elas as posibilidades de moitos artistas. Almodóvar pediu aos figurantes que asistisen vestidos de voda en La piel que habito, a súa última produción. Telecinco roda en Galicia a serie Piratas, e na prensa pódese atopar estes dÃas ata unha convocatoria de casting para ser modelo de escultura.