Tui celebra a presenza xudía na cidade con actividades culturais

Tui celebra a presenza xudía na cidade con actividades culturais

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Os “sambenitos” son os sacos que lle colocaban aos condenados nos procesos da Inquisiciós, cuxas teas colgaban nos templos para lembranza das penas impostas. En Tui consérvanse moitos deles que foron testemuño da presenza de conversos e xudaizantes nesta localidade pontevedresa. A visita guiada por eses sambenitos é unha das actividades máis curiosas da XI Xornada Europea da Cultura Xudía que se celebra desde hoxe en Tui. O programa abre cun concerto de música sefardí e por detrás virán exposicións, visitas guiadas, conferencias centradas en divulgar o patrimonio cultural xudeu. A celebración fai parte do programa de divulgación da Rede de Xuderías que este ano pretende dar a coñecer a relación entre arte e xudaísmo.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tui, Exposicións

Claves

Conceptos
Lugares