Tras catro meses de concurso, o certame da Radio Galega “VAS-SACAR-NOTA”, que veu substituÃr ao pioneiro A polo Ghit!, xa ten gañadores. O Premio do Xurado, escollido por profesionais da música, recaeu en Pablo Costas , que grazas ao tema Que nos pasou, terá a oportunidade de gravar unha maqueta nas instalacións da Radio Galega. A Radio Galega recibiu un total de 51 cancións, das que 15 foron seleccionadas polo público. Dos 44.000 votos recibidos, saÃu vencedor co “Premio do Público” por case 15.000 apoios Gustavo Almeida, polo tema O Camiño das Estrelas e que terá un paquete de concertos como galardón. Noutras categorÃas o certame premiou como “Letra Máis Inspirada” a Pulpo en Salsa, composta por Joselito; o “Ritmo con Máis Ritmo” concédese a Kallaikoi por Rodaballo, e un último galardón que destaca a “Mellor Imaxe Xeral do Grupo” é para O Tren da Unha. O broche final do concurso chegará cun concerto que terá como escenario o concello ourensán da Veiga o próximo venres, dÃa 27 de agosto.