A historia da Compostela é ben coñecida. Este documento, outorgado pola Igrexa, recoñécelle aos peregrinos o ter feito máis de 100 quilómetros a pé ou 200 a cabalo ou en bicicleta, dalgún dos múltiples camiños a Santiago. No entanto, existen outras credenciais que, menos coñecidas, demostran o paso por determinados puntos da ruta. Son as outras compostelas.
Primeiro de todo, hai que aclarar de antes de conseguir a Compostela, os peregrinos deben levar consigo, ao longo do camiño a súa credencial de peregrino, expedida por institucións eclesiásticas ou entidades autorizadas, como son habitualmente as Asociacións de Amigos do Camiño. Este documento, ademais de achegar información sobre o camiño, permite o acceso aos albergues da ruta. Ademais conta cun espazo para que, en cada unha das diferentes etapas da vÃa, as diferentes hospedarÃas poñan o selo que recoñece que o peregrino pasou por alÃ. Este documento está previsto para peregrinos que fagan un mÃnimo de cen quilómetros a pé, ou ben douscentos en bicicleta ou a cabalo, e debe presentarse ao chegar a destino para conseguir a anceiada Compostela.
A orixinal
Este documento ten a súa orixe xa na Idade Media, e mesmo diversas fontes sinalan que a famosa cuncha de vieira foi empregada como proba de ter feito a peregrinación nun primeiro momento. Cara ao século XII, xa hai pegadas de “cartas probatorias” de ter feito o camiño. Moitos dos peregrinos viñan ata a capital galega cumprindo penitencia, e con este papel podÃan demostrar ao voltar a casa, onda quen lles impuxera a pena, que efectivamente a cumpriran. Isto deu pé tamén a un certo mercado de compostelas falsificadas.
As actuais
Na actualidade, a Compostela leva un texto en latÃn que recoñece que o peregrino “visitou devotamente este sacrantÃsimo Templo con sentido cristián”. Agora, os que fagan o camiño sen intencións relixiosas, non teñen por qué voltar de baleiros. Existe outro documento, que tamén expide a igrexa na mesma oficina, reservados para ateos, agnósticos ou non católicos en xeral, e que tamén se lle entrega a aqueles crentes que non fixeron o percorrido mÃnimo esixido para a Compostela. Neste caso, o texto unicamente lle dá a benvida ao visitante á tumba do apóstolo e se lle desexan as benzóns do santo.
A dos estudantes
Para os estudantes de ensino superior, existe tamén a posibilidade de conseguir a Compostela Universitaria. Neste caso, ademais de facer o camiño, cómpre ir selando a Credencial do Peregrino Universitaria nas universidade presentes en cada unha das cidades polas que pase a ruta. O documento tamén da acceso a albergues e pode ser empregado por calquera persoa, aÃnda que non estude nun destes centros. A Compostela Universitaria está expedida pola Universidade de Navarra.
A de Padrón
De peregrinarnos por Padrón, podemos conseguir a PedronÃa, documento semellante á Compostela co que esta vila se reivindica como punto de chegada do corpo de Santiago no noso paÃs. Claro que neste caso o procedemento é un pouco máis complexo, xa que a obtención do certificado esixe ter peregrinado ben desde Compostela, ben pola ruta marÃtimo-fluvial da rÃa de Arousa ou ben dalgún lugar distante un mÃnimo de 18 quilómetros do lugar. Ademais, cómpre visitar, no propio Padrón, os lugares xacobeos: Santiaguiño do Monte, a Igrexa Parroquial de Santa MarÃa de Iria Flavia, o propio Pedrón onde supostamente atracou a barca cos restos do santo (na igrexa parroquial de Santiago) e mais a Fonte do Carmo. Por se fose pouco, tamén hai que levar un documento, que se pode descargar desde o web do Concello, que deberá ir selado polo concello ou oficina de turismo do lugar desde o que se parte. Unha vez cumpridas estas condicións, hai que se achegar ata o Concello, a oficina de turismo ou o albergue de peregrinos local para conseguir que a expidan.
A de Fisterra
De xeito semellante, aÃnda que sen ter que dar tantas voltas, os camiñantes que opten por seguir o seu percurso ata a Costa da Morte teñen a opción de conseguir en Fisterra un novo certificado. A Fisterrana, que asà se chama, está expendida polo Concello e cómpre presentar a credencial de peregrino para a obter. O documento simplemente recoñece que o viaxeiro “chegou a estas terras da Costa da Morte e fin do Camiño Xacobeo”, e conséguese no albergue de peregrinos locais.
A de Arousa
E aÃnda hai máis. O pasado mes de xullo estreábase a coñecida como Ruta Traslatio. Do mesmo xeito que a ruta do Mar de Arousa e o RÃo Ulla, recoñecida oficialmente, este itinerario propón chegar a Compostela pola RÃa de Arousa. A novidade é que a Traslatio establece unha serie de estapas para os peregrinos, comezando en San Vicente do Grove e rematando en Padrón. Dentro do proxecto, que pretende atraer visitantes á zona, inclúese a un novo documento acreditativo. A Cartilla de Navegación da Traslatio deberá levar os selos tanto do punto de partida como do destino, e mais dun porto intermedio no que se deberá parar un mÃnimo de dúas horas para conseguir o correspondente documento acreditativo, segundo anuncian os promotores desta iniciativa.
Semella pois que a posibilidade de voltar para a casa cun papel que certifique que se fixo o Camiño é algo que lle fai ilusión a moita xente. Este tipo de incentivos están a ter un grande éxito para conseguir que os peregrinos completen a súa visita a Compostela con outros destinos ou que realicen determinadas estapas na súa viaxe. Vendo o ritmo, de certo veremos aparecer novos certificados asociados ao fenómeno xacobeo en breve.