Menos tÃtulos e tiraxes máis axustadas. Este é o panorama da edición en lingua galega ata final de ano, segundo declarou Manuel Bragado, presidente da Asociación de Editores e director de Edicións Xerais, na Feira do Libro da Coruña. Nas súas declaracións a La Voz de Galicia que tamén recolle o web da Asociación de Editores, apunta un descenso de "como mÃnimo" o 20% no número de tÃtulos publicados na nosa lingua ata final de ano. Ao tempo, e a coincidir con VÃctor Freixanes de Galaxia, sinala que as tiraxes son menores do que noutros anos, e que a crise está a repercutir de xeito especialmente intenso nas librarÃas.