Un congreso internacional. Unha exposición itinerante por Compostela, A Coruña, Vigo, Pontevedra, Ourense e Lugo. Lecturas dramatizadas e a montaxe de O incerto señor don Hamlet. A celebración en 2011 do centenario de Álvaro Cunqueiro promete un ano cheo de actividades. Segundo adianta hoxe El Progreso, as actividades comezarán o vindeiro 28 de febreiro cunha velada literaria en Vigo. Mondoñedo aollerá o 22 de decembro, aniversario do nacemento do escritor, o acto central cunha homenaxe pública na que está tamén prevista a participación da Real Academia. O Consello da Cultura Galega, as tres universidades e mais os concellos de Vigo e Mondoñedo están a colaborar na celebración do centenario.