A muller protagoniza a nova edición das Xociviga

As Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia comezaron onte no Carballiño

Un curso sobre cinema e muller e un ciclo de cinema en feminino son as actividades que lle dan o ton á nova edición da Xornadas de Cine e Video de Galicia (Xociviga) que comezaron onte no Carballiño. O encontro programa ademais unha exposición sobre cine e o Camiño de Santiago, mesas redondas e conferencias e mais un ciclo dedicado á cineasta urugaia Manane Rodríguez, con tres dos seus filmes. Tamén se proxectarán diferentes filmes destinados aos máis novos.