Fernandez del Riego despídese da escrita

La Voz de Galicia publicou o último artigo que deixara preparado

2/8/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un artigo sobre a novela de Stendhal Vermello e negro publicado o último sábado no suplemento no Culturas de La Voz de Galicia pon punto e final á carreira de Francisco Fernández del Riego na escrita. O histórico galeguista, de 97 anos, deixara preparada unha reserva de artigos ao ver que a súa saúde se ía deteriorando. Segundo declarou, as súas condicións físicas dificúltanlle escribir co coidado que lle gustaría, polo que preferiu fechar a súa produción.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Stendhal, Francisco Fernández del Riego