Hoxe presentamos un novo roteiro en culturagalega.org para que poidas percorrer este verán. Propoñémoste que percorras o universo antigo e vedraio dunha das figuras máis destacadas da cultura galega contemporánea: Ramón Otero Pedrayo, ao redor de Trasalba, o pazo do escritor en Amoeiro e as veciñas terras do Ribeiro. O roteiro foi realizado en colaboración coa Fundación Otero Pedrayo e permite descubrir un marabilloso patrimonio esquencido.
O roteiro, realizado en colaboración coa Fundación Otero Pedrayo, permite percorrer moitos dos escenarios vitais e literarios do escritor polas terras de Amoeiro e o Ribeiro, que concentran nelas algúns dos elementos do patrimonio natural, histórico e cultura máis singulares de Galicia. Mosteiros, priorados, pontes, pazos, castros e paisaxes constitúen este fermoso Roteiro.
Coma todos os xoves, propoñemos tres dos puntos do roteiro.
1. Casa Grande de Cimadevila.
Tamén coñecida como Trasalba, a Casa Grande de Cimadevila foi o pazo natal do autor, o lugar no que residiu longas tempadas e o seu lugar de defunción. Hoxe alberga a sede da Fundación Otero Pedrayo e é un espazo visitable que preserva unha parte singular dos manuscritos de Don Ramón.
2. A igrexa de San Mamede de Moldes
Unha xoia do románico rural ourensán, a vella igrexa de San Mamede atópase no interior dun castro que hoxe é unha fermosa fraga. Aquí está soterrado Losada Diéguez, que foi quen introduciu a Ramón Otero Pedrayo no interese por Galicia. Hai que perderse por ela e procurar os curiosos canzorriños.
3. Pazos de Arenteiro.
A poboación galega con maior número de pazos por metro cadrado. É unha deliciosa vila histórica, nacida das riquezas proporcionadas polo viño do Ribeiro, nos lombos dos montes que baixan ata o río Arenteiro. Alí pasou Otero Pedrayo felices seráns cos amigos ourensáns, que nunca esquenceu. Un roteiro de sendeirismo permite baixar por ela ata o río, onde sorprenden as esculturas incorporadas ao curso da auga.
O roteiro foi deseñado para o CCG por Etnoga.