Na actualidade é unha referencia ineludible á hora de falarmos da rutas xacobeas. No entanto, non hai tantos anos a variante galega da Vía da Prata carecía de recoñecemento oficial e. Como outras alternativas de peregrinación, os defensores desta rota tiveron que realizar un grande esforzo para facer desta vía un referente. José Luís Rodríguez, presidente da Asociación Amigos da Vía da Prata-Camiño Mozárabe, explícanos a situación desta vía e o proceso da súa reivindicación.
Cómpre explicar que a rota da que falamos é na realidade unha variante da coñecida como Vía da Prata. Esta Via, propiamente dita, parte de Sevilla e entronca co Camiño Francés en Astorga, sen pasar por terras galegas. No entanto, existe constancia histórica dun desvío en Zamora que entraba no noso país pola Canda e o Padornelo e atravesa a provincia de Ourense, pasando pola Cidade das Burgas e seguindo despois por terra do Deza ata Compostela. Segundo explica José Luís Rodríguez, Reivindicamos o nome de Camiño Mozárabe, porque os primeiros que o fixeron eran estes cristiáns que vivían en Al-Andalus e peregrinaban ata Santiago, explica.
A loita polo recoñecemento
Malia a existencia de pegadas históricas que amosan a existencia de peregrinación por esta alternativa, non foi ata finais dos anos oitenta que comezou a reivindicación da mesma como unha vía moderna de peregrinación. Foi o historiador Eligio Rivas, actual profesor de honra da nosa asociación, quen comezou a estudar este camiño. Xuntámonos con el un grupo de amigos e comezamos a tentar recuperar fisicamente o camiño, lembra Rodríguez. Un duro traballo de limpeza, percorridos e documentación que finalmente se viu compensado co recoñecemento oficial do itinerario pola Xunta de Galicia, a súa delimitación e a sinalización. Houbo algunhas reticencias. A Vía da Prata como tal si que estaba amplamente recoñecida, pero esta variante non. E iso que historicamente por esta vía fixo unha das primeiras peregrinacións un arcebispo, cuxa crónica se pode consultar no arquivo da Catedral de Córdoba. Ademais, este é un dos camiño máis antigios da Península, xa que percorre a Vía Romana que ía de Mérida a Astorga. O proceso foi lento pero seguro.
Atractivos
Á hora de falar dos atractivos e pecualiaridades desta vía xacobea, Rodríguez apunta que a maior parte dos peregrinos que veñen polo Camiño Mozárabe fixeron antes o Francés, e logo repiten por estoutra vía. Algo que chama moito a atención é que é a única vía que entra no casco histórico de Santiago pola porta de Mazarelos, a única que se conserva da antiga muralla. Canda a isto, destaca a importancia dos atractivos ambientais do itinerario. Entrando en Galicia camíñase pola serra a 1.100 metros de altitude. Logo hai espazos moi ricos en carballeiras ou a chaira da Limia. Hai unha variante por Cea e Oseira que percorre o antigo camiño real que é unha preciosidade, e logo por toda a zona de Dozón Lalín e Bandeira existen lugares preciosos. A nivel cultural, destaca especialmente moitas fontes, cruceiros e petos de ánimas, así como a gastronomía de anterior, que ten moito éxito entre os peregrinos. Para alén, conxuntos como o casco histórico de Allariz, diferentes igrexas, pazos e outros monumentos acompañan o camiñante en todo o percurso. Como peculiaridade, na asociación sinala que en moitos casos os peregrinos que optan por esta posibilidade adoitan ir menos en grupo do que aqueloutros que van polo Camiño Francés.
Situación
Na actualidade, segundo os Amigos do Camiño Mozárabe o tramo galego está en boas condicións, segundo nos din os peregrinos, mellor do que todo o resto desde Sevilla. As variantes recoñecidas co camiño, tanto a que pasa por Xinzo como a de Vilar de Barrio, contan cunha rede de albergues cada 15 ou 20 quilómetros, aos que se van sumar en breve dous novos que promoveu o organismo provincial Inorde en senllas estacións de tren. Aínda que sempre se pode mellorar, a situación é bastante boa. Para alén da sinalización do Xacobeo, nos procuramos sempre que esté todo ben marcado e estamos en contacto cos 25 concellos polso que atravesa a vía e mais coa deputación.
Datos
Con tanto coidado e atractivos non debe estrañar o éxito do camiño. Estamos á altura do que pode ser o camiño de Fisterra ou o do Norte, lembra o presidente da Asociación de Amigos. Este ano pasaron polo albergue de Ourense 3.000 peregrinos, pero debemos ter en conta que moita xente empeza nesta cidade a ruta, e esas pernoctas representan posiblemente só un 30% do total de camiñantes. Os datos da Arquidiócese de Compostela, pola súa banda, rexistran un incremento do 81% no número de peregrinos nos primeiros seis meses de 2010 fronte ao mesmo período do ano anterior, o que supón 4.855 personas no que vai deste Xacobeo. Aínda que a priori este dato corrixe á baixa as cifras dos Amigos do Camiño, debemos ter en conta que só recolle aqueles camiñantes que van obter a Compostela que certifica que fixeron o itinerario ao chegar ao destino, polo que a cifra é con toda probabilidade superior. Malia a ser unha ruta fondamente ibérica, segundo os datos desta asociación, o 70% dos camiñantes son estranxeiros, e boa parte dos peregrinos españois que parten desde Valencia e cara ao Sur, optan pola Vía da Prata e esta variante como camiño de peregrinación.
Futuro
De cara ao futuro, a Asociación está a loitar para que se recoñeza a denominación de Camiño Mozárabe para a que agora se chama, oficialmente, Camiño do Sudeste. Estamos a recoller moita documentación para conseguir que se recoñeza ese nome. A coincidir coa celebración deste Ano Xacobeo, o colectivo publicou a primeira guía que amosa o percorrido completo a Compostela desde Sevilla empregando esta variante. Para Rodríguez, a vía xa pasou a reválida.