A Asociación Galega de Editores (AGE) escolleron onte en asemblea a Manuel Bragado, director de Xerais, como novo presidente. Canda a el, conformarán a nova directiva Belén López, de BaÃa como vicepresidenta, Laura RodrÃguez, de Hércules de Ediciones, como secretaria, e Xelasio Suárez, de Ir Indo de tesoureiro. Completan os cargos Paco Villegas, de Cumio, Xosé Aldea, de Ouvirmos, Xulio Amigo, de Galaxia e Consuelo Carreira, de Sotelo Blanco como vogais. A elección produciuse por unanimidade, cun programa que pretende a continuidade nos proxectos xa iniciados, a defensa dos intereses gremiais, e mais o consenso e a cooperación entre os membros do colectivo.