Unha Compostela independente que domina de xeito despótico o seu contorno na Galicia no século XXII. Este é o contexto no que se desenvolve Obediencia a novela coa que o escritor e xornalista Antón Lopo acaba de se facer co XXII premio Manuel GarcÃa Barros de novela, que convoca o Concello da Estrada. O xurado destacou a capacidade do autor para transmitir "sensación de futuro". A obra será publicada proximamente pola editorial Galaxia.