O groso dos actos de homenaxe dos 125 anos do pasamento de RosalÃa de Castro, que se celebra hoxe, correrán por conta da Asociación de Escritores en Lingua Galega. A entidade organizou, co apoio de preto de 200 entidades do paÃs, un programa de actos que inclúe un roteiro desde Iria Flavia ata Compostela con diferentes paradas nas que se lerán poemas da autora e haberá actuacións musicais, entre outras homenaxes. Pola súa banda, a ConsellarÃa de Cultura anunciaba onte que asinou un convenio coa Fundación RosalÃa pola que destinará 17.500 euros á organización de actos para a difusión da obra da poeta. Ademais, o departamento da Xunta adquirirá mil exemplares de Follas novas e En las orillas del Sar, que se distribuirán entre os escolares que visiten a Casa da Matanza, sede da Fundación RosalÃa de Castro en Padrón.