Continuamos a serie de itinerarios en clave cultural, coa segunda das rutas que releen a historia da cidade de Ferrol, a través da mulleres. Rosa Millán, técnica da Casa da Muller do concello, repasa un itinerario que centra o foco no ámbito político e cultural da cidade.
Este segundo roteiro fai parte dun proxecto máis amplo elaborado por un equipo coordinado desde a Casa da Muller do concello de Ferrol que inclúe tamén unha publicación e unha exposición.
Parada 1º
Rúa Concepción Areal s/n. C.C. Torrente Ballester (Antigo Hopistal de Caridade) Ferrol vello,. Peirao de Curuxeiras. Mariana de Neoburgo, as cargadoras. As carboeiras; Josefa Gómez de Mera. Rosa Caridad Paz, Manuel Valcárcel Luaces.
A parada comeza no antigo hospital de Cáritas, hoxe sede da Fundación Torrente Ballester. Alí contábase cun espazo para que se despositaran os nenos e nenas abandoadas na cidade de Ferrol. Unhas criaturas que eran trasladadas a Santiago, ao hospicio. Contratáronse tres mulleres de cría para facer ese percorrido complicado con ataques de lobo e un traxecto dunha dureza cunha alta mortalidade. Cando o hospicio de Santiago non acolle máis pícaros, Ferrol contará cunha inclusa na que chegou a haber 102 criaturas (de entre 4 días e 106 anos). Nesa parada, Millán desataca a dramática historia de Amada García Rodríguez, condeada a morte pola acusación de revolucionaria. Como está embarazada, é trasladada ao hospital de Caridade a dar a luz e lévana para ser fusilada no castelo de San Felipe puntualiza. Nesta parada tamén se recorda as plañideras, mulleres contratadas para exhibir a dor dos familiares nunha época na que non estaba moi ben visto exhibir a dor persoal ante a morte.
Parada 3ª
Porta do Arsenal: Antonia Alarcón
Ferrol era unha cidade que dependeu moito do Estado porque existían moitos militares e traballadores da construción naval. En 1810 houbo un momento de penuria económica xa que o Estado non pagaba con puntualidade. Nese contexto de malestar correo o rumor de que un oficial había cartos e montouse un motín diante da súa casa. Millán explica que ese levantamento acabou coa súa morte no barrio de Esteiro. E a xustiza ordinaria detén a tres persoas (entre elas Antonia Alarcón) que é condenada a morrer na orca na Coruña cun exemplar castigo.
Parada 4ª
Praza da Constitución: Ángeles Alvariño; Mercedes Vázquez Domínguez; Olga Cristina Viaño Sánchez. Mulleres comprometidas co seu tempo. Mulleres dedicadas ao goberno da súa casa.
Nesta parada lembramos a Ángeles Alvariño que é a representación da pasión pola ciencia explica Rosa Millán ao contar a paixón polos bechos mariños desta muller que ostenta, entre outros méritos, ser a primeira investigadora a bordo dun buque científico. Alvariño descubre 22 novas especies de organismos mariños e ten publicado máis de cen traballos. A parada remata coa lembraza doutras mulleres que viviron nesta zona e que estiveron comprometidas co seu tempo.
Consulta o roteiro completo no seguinte documento.Este segundo roteiro fai parte dun proxecto máis amplo elaborado por un equipo coordinado desde a Casa da Muller do concello de Ferrol que inclúe tamén unha publicación e unha exposición.