Estreamos a serie de verán na procura das pegadas das mulleres que viviron na cidade de Ferrol. Da man de Rosa Millán, técnica da Casa da Muller do concello, revisitamos a historia da cidade a través dunha xenealoxía de personaxes e colectivos que configuraron Ferrol tal e como o vemos hoxe. Nesta serie, Culturagalega.org propón visitar determinados espazos en clave cultural na voz dos seus organizadores.
É unha metodoloxía de traballo que se pode facer en calquera cidade porque parte do territorio e non da historiografía clásica deste xeito explica Rosa Millán, técnica do da Casa da Muller, un proxecto que pretende visibilizar o traballo e a historia desas mullers que axudaron a configurar o Ferrol que hoxe coñecemos. O roteiro (que ten dúas partes) inclúese dentro dun proxecto máis amplo que inclúe tamén unha publicación e unha exposición.
Parada 1º
Ferrol vello,. Peirao de Curuxeiras. Mariana de Neoburgo, as cargadoras. As carboeiras; Josefa Gómez de Mera. Rosa Caridad Paz, Manuel Valcárcel Luaces.
O estrito protocolo da época fixo que cando Mariana de Neoburgo visitou Ferrol estivera dez días no barco mentres as costureiras da zona confeccionaron os traxes á móda española cos que a raíña puidera visitar a cidade. A convivencia coas costureiras foi tan especial que lle pediron á raíña que lles concedera a exención de levas (que evitou que os seus fillos non foran á guerra) explica Rosa Millán. O punto de inicio deste percorrido serve tamén de pretexto para explicar a existencia dunha sociedade de descagadora de mulleres e a historias das carboneiras entre as que houbo mulleres moi relevantes e loitadoras, como o caso de Mela, a carboeira, xulgada e encarcerada por encabezar unha protestta.
Parada 3ª
Antiga fonte de Churruca: a importancia da auga
Ata 1923 non hai traída de auga en Ferrol, polo que as augadoras xogaron un papel fundamental, tanto no suministro como na extención de incendios. De feito, Rosa Millán explica que en 1919 se creou a asociación de augadoras. Como nesta parada estamos en capitanía vemos os arsenais e aproveitamos para explicar que unhas 200 mulleres traballaron se encargaron de transportar os sacos para facer o desmonte. Ademais, nesta parada tamén se destaca o traballo das lavandeiras, fundamental nunha cidade como Ferrol con moito traballo entre a marinería e os arsenais. Ademais, lembra Rosa Millán, neste espazo tamén lembramos á Isabel II, na que se volcou toda a cidade para que se sentira a gusto durante a súa visita e acabou por concederlle o título de cidade.
Parada 6ª
Rúa Magdalena, 181. Aurora Rodríguez Carballeira e Hildegard Rodríguez; Josefina Rodríguez Carballeira e Carmen Osorio Rodríguez
Esta última parada está anegada de nomes propios. A de Aurora Rodríguez, nai de Hildegard Rodríguez (anarquista coñecida polos seus estudos sobre a revolución sexual) e tía de Pepito Arriola (precoz pianista e compositor) e foi unha muller intelixente e autodidáctica e quere montar unha comuna preto de Ferrol pero que acabou sendo coñecida por matar á súa propia filla mentras durmía. Canda elas, Millán remata esta escolma do roteiro cun aceno á sétima parada, ao contar a historia de Ángeles Ruíz Roble. Unha destacada leonesa que viviu practicamente toda a súa vida en Ferrol e que inventou un atlas lingüístico e gramatical e que recibe premios en París, Madrid e Ginebra.
Consulta o roteiro completo na publicación elaborada pola Casa da Muller.É unha metodoloxía de traballo que se pode facer en calquera cidade porque parte do territorio e non da historiografía clásica deste xeito explica Rosa Millán, técnica do da Casa da Muller, un proxecto que pretende visibilizar o traballo e a historia desas mullers que axudaron a configurar o Ferrol que hoxe coñecemos. O roteiro (que ten dúas partes) inclúese dentro dun proxecto máis amplo que inclúe tamén unha publicación e unha exposición.