O Concello cre que as obras do teatro Jofre concluirán oito meses antes das datas anunciadas por Fomento

O Jofre abrirá con antelación

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O que será o centro de referencia para a cultura de Ferrol abrirá as súas portas a finais do ano 2003. Ese compromiso de apertura por parte dos responsables municipais supón un adianto de oito meses respecto á data anunciada polo Ministerio de Fomento. No marco da declaración destas previsións o concelleiro de cultura, Bonifacio Barreiros, asegurou a importancia do impulso cuiltural do Jofre en Ferrol, onde haberá unha programación estable de teatro e música, e tamén haberá cine e espectáculos operísticos. O edificio contará con 710 localidades e na súa planta superior terá un museo de teatro e artes escénicas.
Máis información en Diario de Ferrol; La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Teatro, Teatro Jofre, Cine...