O Instituto de la Juventud premia de novo a Brais Rodríguez

Os Premios Injuve recoñecen o autor galego polos traballos desenvolvidos no último bienio

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
O Instituto de la Juventud premia de novo a Brais Rodríguez

O Instituto de la Juventud fallou os seus "Premios Injuve para la Creación Joven" e na categoría de banda deseñada hai un galego xa galardonado noutras ocasións no mesmo certame: Brais Rodríguez Verde, natural de Brión e con parte da súa traxectoria vencellada ao grupo Polaqia, levou desta volta tres mil euros en recoñecemento ás propostas presentadas. O debuxante enviara un dossier de media ducia de cómics breves, realizados nos dous últimos anos. Algúns destes contos foron publicados na revista independente "Argh!" e teñen dúas ou tres páxinas, mentres que outros foron creados para optar a concursos e chegan ás oito pranchas. Tamén hai pezas que saíran no "Barsowia" e no "Dos Veces Breve". Brais non conta con publicar de novo ningunha destas obras curtas, salvo as que escollan no Injuve para o catálogo e a exposición correspondente aos premios. Porén, di que se cadra publicará algunha no seu blog. No entanto, nos ofrecémosche un petisco cunha prancha adicada ao pintor Rosseau.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Injuve, Brais Rodríguez, Contos, Banda deseñada...