Malia que ten un patrimonio próximo aos 12 millóns de euros, a Fundación cela acumula unha débeda duns 440.000 euros, aos que se lle sumará o pago da compensación que reclama o fillo do premio Nobel. Unha contÃa que o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, asegura que ha de asumir a propia entidade e que debera estar solucionada “antes de que a Xunta asuma o control do padroado”. As súas declaracións coincidiron co dÃa no que centenares de veciños de Padrón saÃron á rúa para reclamar que os fondos da entidade se queden na localidade pontevedresa.