Medio cento de escritores, entre os que está DarÃo Xohan Cabana, Marilar Aleixandre ou Xosé Neira Vilas, colaboran nun volume co que denuncian o cambio de uso do Mosteiro de Celanova. En defensa do Poleiro. A voz do escritores galegos en Celanova (Toxosoutos, 2010) é o libro colectivo no que os escritores achegan colaboracións literarias que pretenden reivindicar o actual uso do edificio (as instalacións dun instituto). Esta iniciativa súmase aos actos convocados pola sociedade celanovesa desde que coñeceron a intención do concello de poñer o edificio en mans privadas para convertelo nun hotel.