Xunto con Viñetas desde o Atlántico (A Coruña) e as Xornadas de BD (Ourense), o Salón de Cómic de Cangas era o encontro máis destacado do sector. Sen embargo, este ano non estará fiel á súa cita. O concelleiro de Xuventude, Óscar Graña GarcÃa, explicou a Diario de Pontevedra e La Voz de Galicia que foi a “falta de financiamento e de tempo” o que motivou que se suspenda este encontro. O feito garda certas similitudes co acontecido en Arteixo, que suprimiu en 2008 un certame cunhas caracterÃsticas semellantes (iniciativa dun concello mediano, cun bo cartel, con repercusión para o sector e cunha traxectoria máis que consolidada) cando levaba 12 edicións. Como aconteceu co de Arteixo, desde o concello de Cangas anunciaron que existe a posibilidade de que se retome para final de ano. Desde a oposición (PP) xa pediron a demisión do edil pola "súa falta de capacidade para xestionar".