A Fundación Manuel MarÃa presentou onte na Deputación de Lugo e hoxe na Real Academia Galega, na Coruña, o proxecto para converter a casa natal do escritor nunha Casa Museo, ademáis dun poemario inédito do poeta que se editou recentemente: Cecais hai unha luz. A casa, de finais do XIX e construÃda de acordo coa arquitectura tradicional da Terra Cha, albergará a enorme biblioteca de libro galego que atesourou o escritor, asà como a súa singular colección de arte, de autores como Castelao, Urbano LugrÃs ou Carlos Maside, entre outros moitos. A Fundación está a dar a coñecer en diferentes cidades galegas o proxecto para recabar apoios, tanto en fondos que particulares e entidades teñan de Manuel MarÃa como económicos.