“Seoane era un conversador nato… e as cartas eran unha forma de conversa”. Ramón Villares, historiador e presidente do Consello da Cultura Galega, describe asà o inxente epistolario que a Fundación Seoane garda do intelectual. Son arredor de 5.000 cartas que dan conta da personalidade do polifacético creador. CCG e a fundación que leva o seu nome traballan co obxectivo de que neste 2010 se presente o primeiro dos volumes que compilan o seu epistolario.
“Comezan na época da República, aÃnda que o groso é na época da Guerra Civil” asegura Villares. En 1936, co estoupido da Guerra Civil Seoane exÃliase a Bos Aires e iniciou desde alà un fondo vÃnculo co mundo da cultura galega do que nunca se desfixo e no que figuran actividades como a dirección da revista Galicia, fundador das editoras Emecé editores, Botella ao mar, Citania, o grupo Laboratorio de Formas do que xurdiu a restauración industrial da cerámica de Sargadelos, por non falar na constitución de numerosas asociacións xunto co seu labor como artista plástico. Con todo, foron as cartas un dos vÃnculos fundamentais para manter esa intensa actividade que comezou cos amigos da xuventude como Francisco Fernández del Riego, Aquilino Iglesias Alvariño ao que logo se incorporan familiares e personalidades como Piñeiro, GarcÃa Sabell e Isaac DÃaz Pardo. Para Villares, a correspondencia que mantivo Seoane tiña un valor engadido. “Creo que lle servÃa dunha especie de exorcismo, de aliviar a dor de ser un exiliado e non poder estar na súa Galicia”, puntualiza.
Material disperso
O extenso material epistolar que se dispón de LuÃs Seoane foi publicado en numerosos artigos, estudos e ensaios de forma parcial; e de xeito completo nas cartas que cruzou co Del Riego ou Dieste. Sen embargo, hai unha particularidade, que segundo Villares se lle debe á súa dona Maruxa, que Seoane gardou moitos borradores das cartas que escribÃa. “Temos cartas que os seus destinatarios non recibiron nunca, non sabemos se porque non se enviaron ou porque se perderon no camiño; como tamén temos casos de cartas recibidas que son ben diferentes dos orixinais que se pretendÃan enviar” explica Ramón Villares ao tempo que recorda que unha edición crÃtica do epistolario completo axudará a comprender a un Seoane diferente. “A súa figura está moi mitificada e, aÃnda que é unha figura poliédrica quedan cousas pendentes por analizar como é a súa relación coa intelectualidade arxentina” apuntou Villares na presentación de todas as actividades organizadas ao longo de 2010 para festexar o centenario do seu nacemento. En canto ao estilo o presidente do Consello da Cultura, asegura que “a prosa de Seoane é moi impetuosa, bastante directa” e lembra que “non foron cartas pensadas para ser publicadas”. A Fundación Seoane e o Consello da Cultura traballan co horizonte de que neste 2010 apareza o primeiro dos volumes que fará unha revisión crÃtica do seu epistolario.
luisseoane@consellodacultura.org | Vista estándar | Sair |
|