Alberto Guitián está de actualidade por partida doble e en clave de humor. O ilustrador lugués leva uns meses colaborando con El Jueves onde debuxou a portada do último número, que trata sobre o ataque de Israel aos barcos de axuda humanitaria destinada a Gaza. A posibilidade xurdiu a partir dunha solicitude da redacción do semanario satÃrico. Ademais, o autor prepara para a madrileña Diábolo Ediciones o álbum "Petaco", que terá 64 páxinas a cor e combinará tanto as historias breves xa publicadas na revista "Mister K" como material inédito creado para a ocasión. Probablemente o seguinte proxecto editorial de Guitián será de humor gráfico, en concreto un compilatorio de Temas de hoxe, a serie que fai man a man con Leandro para a publicación cómica Retranca. O debuxante tamén ten intención de se embarcar nunha banda deseñada de grande extensión.