Nun acto social celebrado na Illa de San Simón (Redondela) este sábado, déronse a coñecer as gañadoras do Premio MerlÃn de Literatura Infantil e do Premio Xerais de Novela 2010. A gañadora do premio Xerais de Novela resultou ser Iolanda Zúñiga, coa obra Periferia, ambientada nos arrabais de Sâo Paulo e Teresa González obtivo o Premio MerlÃn con A filla do ladrón de bicicletas.
A novela Periferia, ambientada nos arrabais de Sâo Paulo, é a primeira ficción longa da escritora Iolanda Zúñiga (Vigo, 1975), que anteriormente publicou o libro de relatos Vidas pos-it. Pola súa banda, A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa (O Grove, 1975), ten como fÃo condutor unha bicicleta que se convirte en personaxe á beira do protagonista, e se trata, en palabras do xurado, da "perfecta combinación de tenrura e humor".
Manuel Bragado, director de Xerais, aledouse da "evidente renovación xeneración que se está producindo na literatura galega nos últimos anos". Para Bragado, "felizmente vivimos na primeira década das narradoras galegas".