O Encontro de Literatura de Viaxes xuntará a escritores e lectores en grupos de conversa

A iniciativa café con… ofrece a posibilidade de falar cara a cara cos autores

11/6/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Primeiro Encontro Internacional de Literatura de Viaxes, a celebrarse do 20 ao 27 de xuño en Santiago de Compostela, ofrece aos lectores a posibilidade dun encontro de curta distancia con algúns escritores asistentes, Así, previa inscrición no enderezo info@trevisani.es, grupos de ata dez persoas poderán compartir café e conversa xunto a Xavier Queipo, Susana Fortes, César Antonio Molina, Javier Reverte, Julio Llamazares, Soledad Puértolas ou Paco Nadal; para coñecer as pequenas claves das súas obras ou para expor os propios puntos de vista e as sensacións vividas grazas á lectura. Os encontros acontecerán en dous emprazamentos privilexiados da cidade de Santiago de Compostela: o Café Casino, na Rúa do Vilar; e máis no Parador Hostal dos Reis Católicos, na Praza do Obradoiro. Os seleccionados escolleranse por orde de inscrición.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Escritores, Santiago de Compostela, Xavier Queipo...