A protección dos bens culturais esixe unha formación especÃfica. Non se trata só de pór cámaras ou alarmas, senón que compre formar e concienciar a todas as partes implicadas para evitarlle riscos ao Patrimonio. A Coruña foi escenario o pasado once de xuño da primeira Asemblea Xeral de Protecturi, unha recén nada asociación de seguridade sobre o patrimonio histórico. Analizamos co seu presidente, Andrés MartÃn Ludeña, os problemas que existen neste sentido no noso paÃs.
Responsables de seguridade de trinta e dous centros culturais e museos de todo o Estado reunÃronse a pasada semana na Coruña para analizar os problemas de seguridade especÃficos destes anos. A Asemblea Xeral de Protecturi, asociación de profesionais neste campo, puxo sobre a mesa os retos de futuro e os problemas aos que se enfronta o sector. Andrés MartÃn Ludeña, que ademais de presidente do colectivo é director de seguridade de Caixa Galicia, explica que un dos grandes retos na protección de elementos culturais, e máis no noso paÃs, é a abundancia de abondosos restos fóra de museos. Segundo explica, “as comunidades que teñen máis depósitos culturais ao aire libre, como AndalucÃa, Estremadura, Castela e León ou Galicia saen peor na foto nese sentido. O nivel de seguridade ten unha diferenza moi grande en relación a museos cerrados. Non se pode comparar a seguridade dun castro coa que teñen museos ou centros culturais nos que existe un control de accesos ou sistemas de regulado das visitas”.
Os problemas galegos
“O principal problema de Galicia nese sentido está na acción da climatoloxÃa sobre os elementos que están ao aire libre. Canda a isto, a dispersión e a abundancia de restos tamén dificulta a conservación. O sistema poboacional tampouco facilita isto. A administración teno difÃcil, e protexer axeitadamente todo isto esixirÃa un investimento formidable”, explica MartÃn. Para este profesional, a formación e a concienciación social revélanse como bazas fundamentais de cara á protección destes bens. “Estou convencido que de que moitos destes delitos se deben á vandalización, non con ánimo de danar, senón por descoñecemento profundo do que se está a tocar”, adianta. “Cómpre por unha banda, unha correcta formación cultural e pola outra un sistema de musalización. HaberÃa que acotar estas zonas aÃnda que iso non impedise o acceso. Logo hai que explicar claramente á xente ante qué se atopa, e marcarlle aos veciños do lugar e á cidadanÃa en conxunto pautas para a conservación”. Para este espcialista, “a materia de Historia da Arte deberÃa ser unha xoia do sistema educativo español”. E é que, a miúdo, non cómpren sistemas complexos para protexer o patrimonio. “Cun candado e unha chave, ou un sistema de cadeas moitas veces abonda. Unha simple marca no chan diante dun cadro convÃdalle á xente a manter unha distancia de seguridade para o ver. Logo a administración deberÃa ter un mecanismo para chequear periodicamente estes sistemas de seguridade”, lembra o presidente de Protecturi.
Acción policial
En canto ás agresións e delictos, MartÃn explica que entre 2003 e 2008 só a Garda Civil realizou en todo o Estado 4.000 intervencións nas que recuperou 500.000 pezas que foran obxectos de expolio. A raÃz destas cifras, este especialista en seguridade advirte que “en cada intervención se recuperan moitas pezas. Logo é certo que aparecen moitos casos, pero nos últimos anos creáronse unidades especializadas en patrimonio no Corpo Nacional de PolicÃa, a Garda Civil ou distintas policÃas autonómicas, e iso fai que afloren moitas cousas que antes non se vÃan. Isto non quere dicir que as condicións de seguridade sexan peores, senón que se incrementou o celo da administración en todas as esferas. Co tempo vaise creando unha conciencia nas autoridades que mellora o tratamento que se lles dá a estes bens”.
Redes delitivas
Sexa por esta maior consciencia ou pola presión policial, o que si mudou nos últimos tempos foi o tamaño das redes que se dedican ao expolio sistemático destes bens. “Entre 1975 e 1985 Erik O Belga realizou un grande expolio de arte sacra cun grupo organizado, aproveitando que non habÃa tradición delitiva na materia en España. Nas súas memoria acreditaba máis de 1.500 actuacións. Triturou a Ruta Xacobea, e sitios como Navarra ou Castela e León sufriron danos tremendos. Galicia
non foi allea á súa acción”. Hoxe non existen, segundo este especialista, casos semellantes ao desta rede no Estado, aÃnda que recoñece que “hai comunidades como AndalucÃa que están a sufrir un expolio moi abundante, pero non se trata de grandes organizacións”.
Edificios e museos
En xeral, segundo explica MartÃn, “os grandes monumentos en España cóidanse ben, e hai un nivel de musealización moi alto nos grandes centros culturais. “A nivel de patrimonio arquitectónico o principal problema son os actos vandálicos. As pintadas, raspaduras e pequenos hurtos supoñen unha traxedia”. Canda a isto, obviamente, atópanse museos moi pequenos en condicións precarias, aÃnda de MartÃn sinala que “un museo por pequeno que sexa, pode albergar un tesouro en calquera das súas pezas, e iso hai que o coidar. Coñezo catedráticos de historia da arte que son asesores dalgúns destes centros e vense impotentes cos poucos recursos que teñen. HaberÃa que dotar todos os centros de medios técnicos axeitados para os protexer do mellor xeito”. De calquera xeito os roubos de pezas nos museos non supoñen un problema especÃfico do noso paÃs nin, en xeral, no conxunto do Estado. “Por fortuna non houbo moitas agresións neste sentido, fóra de roubos significativos recentes en Málaga e Valencia”.
DesafÃos para o futuro
As mudanzas na seguridade dos bens culturais están a se multiplicar nos últimos anos. Asà o demostra o propio nacemento de Protecturi, hai agora un ano. Entre os retos inmediatos para este colectivo están cuestións como o transporte das obras de arte. Canda a isto, segundo explica MartÃn “vai haber un cambio normativo en toda Europa sobre medidas de seguridade. Tamén se producirá un cambio normativo que vai afectar á xestión da seguridade nos centros, e o impacto que está a ter nos sistemas de seguridade e protección o novo código técnico de edificacións”, explica. Canda a isto, desde Protecturi pretenden “dotar os directores de museos de ferramentas axeitadas para xestionar os seus equipos, e traballar na formación de auxiliares de salas, vixilantes, xefes de equipo, conservadores ou directores de museos”. En último termo, a asociación pretende “elaborar un Plan Director de Seguridade do Sistema Museolóxico estatal e, en colaboración co Ministerio de Cultura, executar un Libro Branco de Seguridade”. Ademais do debate, no encontro concedéuselle a Catherine Hutin, fillastra de Picasso, un premio en recoñecemento ao seu traballo de conservación e difusión da obra do pintor.