"FrÃa e negra", "Hovercraft" e "O avesso do avesso" son os lemas con que se presentaron as tres obras finalistas ao XXVII Premio Xerais de Novela. O xurado deste galardón seleccionounas entre as trinta e oito narracións presentadas durante unha xuntanza celebrada o pasado dÃa catro no Castelo de Soutomaior. Na mesma xornada, o xurado do XXV Premio MerlÃn de Literatura Infantil, seleccionaron as obras cos lemas "Canis lupus", "CelerÃfera", "Cincocentros trinta e tres" e "Sete pétalos" como finalistas entre as 32 presentadas ao galardón. A entrega dos premios celebrarase o vindeiro 12 de xuño nun acto na Illa de San Simón, con Fina Casalderrey a actuar como mantedora.