Xa desde os comezos das peregrinacións se desenvolveu unha certa picaresca arredor do Camiño de Santiago. Ladróns, cambistas pouco honrados, vendedores de reliquias falsas ou bandidos xalonaban as Rutas Xacobeas. Nos nosos dÃas, malia a que se manteñen algunhas destas figuras, os atentados ao patrimonio supoñen o principal delito relacionado con estes camiños. Antonio Roma, fiscal especialista en patrimonio histórico, explÃcanos a vertente legal do camiño.
A Lei de Patrimonio a da Paisaxe, a Lei de Ordenación UrbanÃstica de Galicia e, en especial, a Lei de Protección dos Camiños de Santiago. Estes os catro grandes textos legais que afectan dun xeito especial ás Rutas Xacobeas. “Son leis que inciden en xeral na protección de espazos abertos e espazos culturais, incluÃndo o Camiño”, explica Antonio Roma. Ao tempo, a multiplicidade de normas provoca en ocasións conflitos entre a súa aplicación o complica calquera actuación que se queira desenvolver na zona. No entanto, Roma, asegura que a existencia de tantos textos non supón necesariamente un campo aboado para as crebantar, senón á inversa. “Ao establecer un sistema de protección, están evitando a existencia de delitos. Acontece ao tempo que os delitos que se cometan nesas áreas chaman moito máis a atención do público”. Polo xeral, as limitacións que establecen estes textos afectan á construción e rehabilitación de edificacións ou, en xeral, a modificación da paisaxe no contorno das vÃas. Isto afecta a cuestións como o cerramento de fincas con elementos pouco axeitados, talas non autorizadas, construcións ilegais, derrubamentos ou alteracións en casas ou mesmo a colocación de carteis publicitarios entran nas faltas establecidas por estes textos.
Eivas legais
A falta deste traballo en moitos puntos provoca puntos escuros na aplicación das leis e dificulta o castigo das agresións neste sentido. Para alén da existencia de múltiples normas arredor do camiño, un dos grandes problemas aos que se enfronta a ruta é a falta de delimitación en moitos dos seus tramos. “A Lei de Protección dos Camiños naceu con boa intención, pero implica un traballo moi importante de delimitación”. De feito na actualidade, rutas como o Camiño de Inverno ou o Primitivo, entre outros, carecen totalmente dun trazado oficial o que dificulta a posta en marcha de medidas de protección do seu contorno, mentres que nin sequera o Camiño Francés completou este proceso. En 2008 a Xunta anunciou o investimento de 2,5 millóns de euros para delimitar as vÃas, sen que haxa aÃnda resultados. Canda á falta de desenvolvemento na delimitación do Camiño, a outra pexa que Roma lle apón a este texto legal é que “establece as zonas de protección dun xeito moi automático. Son tres metros a cada banda do camiño nos que é moi difÃcil facer calquera cousa, e logo unha franxa de trinta metros a cada banda, pero iso pode ser abondo nalgunhas paisaxes e noutras quedar curta.”
Denuncias locais
Fóra das posibles reclamacións ao consumo, Roma sinala que “non me consta a existencia de denuncias a albergues, agás algún caso de vertidos de augas fecais nas proximidades da ruta”. Segundo os datos que manexa, os peregrinos non son os que máis denuncian no Camiño. “A maiorÃa son de particulares que viven nas inmediacións da ruta. A algún peregrino lle pode sorprender que haxa construcións pouco decorosas ou con pouco gusto, e comentalo, pero non formula unha denuncia. Polo xeral é o veciño que vive ao carón o que ve como vai unha obra e denuncia”. Ao tempo, a cantidade de reclamacións por danos no contorno do Camiño non é especialmente superior a aquelas que se producen nos cascos históricos galegos. “Nas zonas historicas vive máis xente e os danos chaman máis a atención. O camiño, ademais, é un territorio moi grande”, explica Roma.
Ladróns
Se algo mudou no Camiño desde os seus primeiros tempos é a seguridade. Xa non existen salteadores que se aproveiten dos peregrinos e, polo xeral, non existen denuncias por agresións ou roubos na ruta. Muda un pouco á cousa ao chegar a Compostela. Segundo explica este fiscal, o roubo e carteiras aos camiñantes non é algo estraño na cidade. “No pasado Ano Santo chegáronse a rexistrar trinta denuncias por este concepto nunha soa mañá, nalgúns casos de xente que aseguraba que lla substraÃran cando facÃa cola para abrazar o Apóstolo ou para entrar pola Porta Santa”. Como se pode ver, hai oficios que se manteñen desde Idade Media, cando, segundo lembraba Roma na súa conferencia, xa se acusaba no Códice Calixitino a existencia de cambiadores composteláns que empregaban pesas distintas para vender do que para mercar. Canda a isto, pódese debater se os prezos de determinados recordos ou establecementos hostaleiros non supoñen un aproveitamento pouco ético dos peregrinos, pero desde logo, polo xeral, están dentro da legalidade.
Os dereitos de autor
Un tipo de delito que si é novo en relación ao Camiño é a cuestión dos dereitos de autor. Fora sonado o litixio que se produciu cando un particular rexistrou a marca “Ano Santo Compostelano” e pretendÃa cobrarlle á Xunta polo emprego da mesma. “Isto xerou unha serie de pleitos importantes, tanto en tempo como economicamente, pero semella que ao final quedou zanxado”, con castigo para o rexistrante. Menos coñecido, pero se cabe aÃnda máis orixinal, foi o caso dun empresario que rexistrou ao seu nome o modelo de utilidade do bastón de peregrino. A continuación, pasou polas tendas de recordos do camiño ameazando con as denunciar por vender modelos semellantes a aquel que era da súa propiedade, e chegou aos xulgados. Malia a que nas salas non lle deron a razón, ao considerar que o bastón fai parte do acervo popular, Roma sinala que “segundo a miña percepción, moitas das tendas mudaran os bastóns que tiñan antes por aqueles que vendÃa este home”. De xeito semellante, cando a Fundación Barrié realizou a restauración do coro pétreo do Mestre Mateo, un particular rexistrou e comezou a vender reproducións desta obra. Isto deu en liortas legais coa Fundación que pagara a reconstrución, xa que os seus responsables considerábanse con dereitos sobre a reprodución da peza. Desta volta non se considerou que houbese vulneración da propiedade intelectual, xa que o creador orixinal, o Mestre Mateo, levaba séculos morto. Roma, no entanto, advirte que “neste ano xubilar non se produciron falcatruadas ou picardÃas deste tipo no rexistro de marcas. Semella que aos poucos a cuestión está quedando máis clara”.
Futuro
Como se pode ver, está visto que o camiño tamén a súa vertente nas dúas bandas da legalidade, e malia a que van mudando os xeitos, e que o control é cada vez maior. Para Roma, o futuro da delincuencia vencellada ao camiño vai camiño “dunha evolución positiva. Cando hai lexislación hai claridade, e elimÃnanse marxes que poidan ser aproveitadas para a comisión de delitos. Hai dez anos falábase da promoción do camiño, pero non se comentaban este tipo de problemas. Eu penso que tratar estes temas amosa que está a se incrementar a consciencia social encol do patrimonio. Agardo que a longo prazo os problemas vaian sendo menores. GustarÃame que a figura do fiscal especializado en patrimonio pasase a ser testemuñal, por non haber delitos”.