Unha nova imaxe para a BD

O Soportal Banda Deseñada anova o seu formato e achega novos contidos

2/6/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

Culturagalega.org renova o deseño do seu soportal banda deseñada. Con vistas á responder á crecente produción dos nosos autores e a unha actividade que non deixa de medrar, abordamos mudanzas de deseño e de concepto que queren facilitar a experiencia do lector neste campo. Deste xeito, o novo formato vai facilitar a lectura e o acceso a BDs e ilustracións en liña e lle dá unha maior relevancia ás citas de axenda. Tamén os nosos colaboradores atopan un oco destacado e, como grande novidade, achegamos un fluxo coas novidades que publican os autores galegos na rede mediante blogs ou galerías. Todo un novo mundo para explorar.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Lectura, Culturagalega

Claves

Entidades