O público e o xurado de Curtocircuíto premian a historia dun nacemento

Unha Segunda Posguerra impúxose ás demais curtas galegas

31/5/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Malia que non é habitual, xurado e o público coincidiron no seu veredicto na sétima edición de Curtocircuíto, o festival de curtametraxes de Santiago. A gran vencedora foi a curta holandesa Geboren en Getogen (Nado e criado), que conta como Bo prepara unha canción para celebrar o nacemento do fillo que agarda con Elsa. Na sección internacional, destacan Viiko Ennen Vappua, Logorama (curta que gañou o Óscar neste 2010) e The Marina Experiment, que gañaron os premios á mellor ficción, animación, e documental respectivamente. Na sección galega gañou Unha Segunda Posguerra, mentres que na estatal foi Mi amigo invisible de Pablo Larcuen.

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Curtocircuíto, Animación, Documental

Claves

Entidades