Viaxes históricas ou modernas, en soportes tradicionais ou coas novas tecnoloxÃas pero todos os actos que se suceden do 20 ao 27 de xuño teñen a literatura de viaxes como epicentro. O I Encontro Internacional de Literatura de Viaxes , que organiza o Xacobeo con motivo do Ano da Lectura, conta con sete apartados: unha peregrinaxe de escritores (desde Navarra a Santiago), unha serie de conferencias; unha feira internacional de dereitos para editores, axentes literarios e autores; unha feira aberta ao público; presentacións, encontros e sinatura de libros polos autores; actos de animación de rúa e un congreso propiamente dito que leva o epÃgrafe “As literaturas do camiño”. Nace con vocación de continuidade e, segundo a nota de prensa remitida por Cultura, pretende crear unha “plataforma valiosa para o sector, de talla internacional” e “chegar ao público de todo o noroeste peninsular”.
Dosier I Encontro Internacional de Literatura de Viaxes.