Para alén de ceder boa parte dos seus fondos á Cidade da Cultura, a propia Fundación Cela pasará a depender directamente da ConsellarÃa. O padroado desta entidade aprobou onte cederlle o control ao organismo público, que porá en marcha un plan de viabilidade para garantir a continuidade da Fundación, en graves problemas económicos. A actual responsable, Marina Castaño, pasará a ser presidenta de honra. A decisión contou co voto en contra do alcalde de Padrón, que se nega a que os fondos do escritor saian do concello.