Ourense terá unha recreación histórica da época da Xeración Nós

A Bela Auria quere amosar a efervescencia cultural da cidade naqueles anos

26/5/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O primeiro terzo do século XX foi unha época de grande actividade cultural en Ourense, a coincidir co traballos da Xeración Nós. Para lembrar aqueles anos, unha trintena de asociacións e entidades da Cidade das Burgas preparan a celebración, o vindeiro 30 de maio, da I Festa de Recreación Histórica 'A Bela Auria'. O evento achegará dúas exposicións sobre libros e fotografías antigas, bailes tradicionais, cinema, un concerto de corais, conferencias sobre este período histórico ou un xantar popular son algunhas das actividades previstas para o encontro, que se celebrará nos Xardíns do Posío e mais no IES Otero Pedrayo.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

09/11/2009

Ourense faise Auria

O programa EBA 5.0 celebra por todo o alto os cincuenta anos de A esmorga

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xeración Nós, Ourense, Cine, Asociacións...