Nos últimos tempos, os tradutores automáticos están a se facer especialmente relevantes na nosa lingua. Por unha banda, aos poucos vanse ampliando os seus campos de acción e máis a calidade que conseguen. Pola outra, o seu emprego indiscriminado deu en sonados erros e polémicas para destacados persoeiros. Agora, Henrique Harguindey reflexiona sobre a pegada destes programas na nosa lingua co libro Desaprenda a falar galego en 15 dÃas cos erros dun tradutor automático na que, ademais de abordar o fenómeno, achega exercicios e consellos para aproveitar as posibilidades deste recurso.