A edición brasileira de O armiño dorme de Xosé Antón Neira Cruz, foi seleccionada co Premio FNLIJ ao mellor libro xuvenil publicado no Brasil en 2009, sendo a primeira vez que unha obra galega consegue este galardón. O libro, publicado orixinalmente por Galaxia, xa recibira o premio RaÃña Lupa e figura na prestixiosa White Ravens, que recoñece as mellores obras internacionais para lectores novos. O libro de Neira Cruz foi asimesmo escolleito para a lista lista do Banco do Libro de Venezuela, na que tamén figuran, este mesmo ano catro obras publicadas por Kalandraka. A viaxe do bisavó, Discurso del oso, Estás en la luna e La historia del Rainbow Warrior foron as obras seleccionadas. Canda a elas, tamén fai parte da lista Lágrimas de cocodrilo publicado no selo FaktorÃa K.