A rañala raparigo. A versión galega da mítica frase do filme Terminator quedou no imaxinario colectivo do noso país. Do mesmo xeito, moitas outras traducións teñen chamado a atención dos consumidores culturais galegos. Repasamos os problemas e os límites desta actividade, e analizamos ata qué punto os prexuízos están presentes na nosa relación coas traducións da nosa lingua.
Recentemente, a edición galega da Guía do autoestopista galáctico de Douglas Adams provocaba a estrañeza dalgúns lectores. A aparición no texto de topónimos galegos, ou mesmo versos de Rosalía deixaban claro que a tradutora (neste caso Ruth Layús Quiroga) realizara unha certa adaptación do texto, transformando unha toalla mercada en Marks & Spencer nunha mercada en Valença do Minho, e mesmo mentando teléfonos móbiles ou PDAs que non existían no momento no que se escribíu a novela, en 1979. Xosé María Gómez Clemente, presidente da Asociación de Tradutores de Galicia, apunta que aínda que pode soar algo estraño, nunha obra literaria o tradutor pode asumir un determinado papel de autoría.
O caso do can
Nese sentido, rememora unha polémica sucedida en 2008 coa tradución que María Reimóndez estaba a facer para Rinoceronte Editora de O curioso incidente do can á media noite, de Mark Haddon. Reimóndez apostara por unha tradución non sexista na que tendía a aporlle xénero feminino a todos os personaxes que no orixinal inglés non tiñan unha asignación clara. O editor non aceptou estas mudanzas e o autor tampouco, lembra. Olga Castro, tradutora e autora dun artigo no que analizaba este caso, coincide con Gómez Clemente e apunta que eu a tradución concíboa como unha reescritura. Aínda que debes partir dunha obra orixinal e transmitir con rigor o que di, estás a interpretala desde a túa propia ideoloxía, explica. Pola súa banda, o presidente dos tradutores sinala que é un debate interesante e tampouco se pode pontificar sobre o tema. O autor é resposnable do texto e pode solicitar que se respecte, pero ao tempo hai que recoñecer que cando o tradutor se enfronta ao mesmo está a crealo ou recrealo, e nese sentido as dúas posturas son realmente válidas. Aínda que advirte que este tipo de abordaxe encol dunha obra debe realizarse inserido nun diálogo claro entre autores, editores e tradutores no que cada un saiba o seu papel e respecte o dos outros.
Por qué adaptar
Á hora de falarmos dos casos máis estremos do tradutor como creador, o presidente dos tradutores cita a poesía. Levar por exemplo a Pessoa para o inglés é xa escapar da tradución para entrar na creación deste texto. Para min estes casos son experimentos puramente literarios, explica. Apunta tamén este mesmo caso. A adaptación que fixo Edith Moure foi premiada polos tradutores de Canadá, e houbo unha grande polémica porque un sector amplo considerou que aquilo non era unha tradución. No entanto, recoñece que non sempre é o máis axeitado adaptar topónimos ou introducir referencias que non estaban no orixinal. Gómez apunta que non todas as adaptacións que se poidan facer nunha tradución teñen a mesma importancia. Moitas veces son pequenas pinceladas para que o texto se entenda mellor ou para chamar a atención do lector. Se falo dunha praia galega no lugar dunha inglesa, consigo que o lector se fixe, son detalles pequenos. Do mesmo xeito, para Castro, en literatura infantil e xuvenil, por exemplo, estas cousas vense con certa flexibilidade, e por exemplo os nomes dos animais tradúcense moitas veces. Hai que ter en conta a función da tradución, e se esta é alfabetizar, adáptase para que a cumpra mellor.
Unha maior liberdade
Malia a que non considera que se poida falar de tendencias ou correntes na tradución galega actual, Gómez Clemente si recoñece que se produciron mudanzas no xeito de abordar este traballo no noso país. De xeito tradicional a figura do tradutor era moi servil a respecto do texto orixinal, sempre se falaba de manter a fidelidade como o grande obxectivo, e mesmo se recomendaba que o orixinal debía estar presente en todos os aspectos do texto. Hoxe iso pode ser cuestionado nalgúns casos sen ningún tipo de escándalo, e o tradutor pode reivindicar ata certo punto o seu papel como autor, apunta. Do mesmo xeito, Castro sinala que desde os anos noventa, a idea da fidelidade ao orixinal está obsoleta na teoría da tradución. Na actualidade considérase a tradución como mediación. O que acontece é que a teoría tarda en se plasmar na práctica e en moitas críticas aínda se atopar argumentos como que a tradución non é fiel. Gómez Clemente apunta posibles causas de que vaian aparecendo exemplos deste tipo en Galicia. No caso de que isto se estea a facer tendencia, pode estar relacionado un pouco coa madureza da profesión en Galicia. Hai maior consciencia sobre o propio feito de ser tradutor, e isto pode animar aos profesionais a se arriscar ou a se enfrontar co texto orixinal.
Cuestión de dobraxe
Nos medios audiovisuais, no entanto, hai xa anos que tradutores e dobradores teñen que se enfrontar de xeito habitual á adaptación de expresións coloquiais doutras linguas, e en moitas ocasións apostaron por achegar a fraseoloxía á nosa lingua. En relación con isto, existe xa un certo folclore de oficina, no que correos electrónicos, videos ou mensaxes e grupos en redes sociais recompilan un bo feixe de frases de filmes e series foráneos que se puideron ver na CRTVG e que ficaron no imaxinario popular (como pode ser a clásica Sue Ellen, estás bébeda, reproducida en todo tipo de versións). O pasado mes de abril, a CRTVG incluía na actividades para celebrar os seus 25 anos organizaba un certame na rede Twitter para seleccionar as mellores frases da dobraxe da CRTVG. Entre as máis votadas atopamos un bo feixe de expresións malsonantes e adaptacións á fraseoloxía galega de frases americanas. A maior difusións destes contidos fronte aos libros e, posiblemente, o acceso habitual a versións en castelán de moitos destes filmes e series poden estar detrás da maior estrañeza que semellan provocar as versións galegas nos mesmos.
A falta de rexistro urbano
Olga Castro ten clara a explicación destas situacións. Débense á situación de minorización na que está a lingua. Penso que aínda se considera una lingua máis apta para certas funcións do que para outras, como a dobraxe. Segundo recoñece Gómez Clemente, realmente temos certa prevención a recoñecer trazos da nosa cultura cando aparecen nunha dobraxe ou nunha tradución. Queda raro escoitarlle fraseoloxía galega a un lord inglés ou a un aborixe autraliano. En galego aínda hai tendencia a pensar que determinadas expresións da nosa cultura poden facer graza ou semellar estrañas. E é que estamos máis ou menos acostumados a escoitar un estándar da nosa lingua na televisión, pero ao mudar de rexistro, prodúcese certa estrañeza. Temos unha lingua popular e coloquial no rural, pero nas zonas urbanas non está tan clara nin está tan formada, e iso pode chamar a atención. Pode que nos pareza raro que unha persoa de ambiente urbano apareza na televisión cun rexistro deste tipo. En castelán estamos máis acostumados a un nivel coloquial moi marcado. Habería que ver que sairía se houbese un concurso como este da CRTVG en español. A necesidade de adaptar este tipo de conversas doutras linguas levou a moitos tradutores a adoptar solucións creativas que hoxe se poden atopar en moitos recantos da rede.
A pegada do castelán
A certo nivel, o costume ou a ausencia de prexuízos permite que en castelán vexamos normal solucións lingüísticas que, a teor do que se pode observar en Internet, en galego chaman a atención, cando menos a un certo sector da poboación. Para Castro, se comparásemos o que acontece entre traducións ao galego e ao castelán veríamos que no castelán se permiten determinadas solucións que non se permiten en Galicia. A ninguén lle estraña escoitar determinadas expresións en castelán, pero si en galego. Do mesmo xeito, Gómez lembra que no 85, cando saían as primeira dobraxes da galega facíasenos raro que un vaqueiro falase a nosa lingua, mentres que se o facía en castelán era o máis normal do mundo, lembra o presidente da Asociación de Tradutores, ata se nos facía raro cando os escoitábamos falar en inglés. Aí o emprego do galego causou moita sorpresa, e semella que ata certo punto iso sigue ahí vinte e cinco anos despois. Agora, sería moi triste que o que máis lle chamase a atención á xente logo deste tempo fosen unicamente expresións malsonantes ou cousas no estilo. Tanto os tradutores como os dobradores fixeron cousas moi interesantes. É certo que, canda ás adaptacións máis libres, atopamos no certame frases de filmes ou series que ficaron na memoria popular tanto na nosa lingua como noutras do noso contorno, sen que aparentemente na versión galega haxa elementos diferenciais que explique a súa escolla por prexuízos.
O que semella claro, é que tanto a pegada dos tradutores nas obras como a nosa propia percepción sobre a lingua está a mudar nos últimos tempos. Queda por ver se veremos no futuro novas tendencias neste campo ou se nos afaremos a atopar a nosa fraseoloxía máis propia na boca dun extraterrestre. Ou que acontecería se nunha tradución do galego para outra lingua atopásemos que mudaron os nosos topónimos polos de (é un supor) Inglaterra.