Corenta testemuños súmanse á campaña Orgullosos/as do noso, orgullosos/as do galego

A Coordinadora de Equipos de Normalización presentou a segunda parte desta iniciativa

Corenta personalidades do país sumáronse á campaña Orgullosos/as do noso, orgullosos/as do galego, que promove a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística. No web de iniciativa poden verse xa o textos, debuxos, fotografías e outros contidos que achegaron, entre outros, Agustín Fernández Paz, Rosa Aneiros, Xosé Chao Rego, Anxo Carracedo, Xurxo Lobato, Kiko da Silva ou Aid entre moitos outros.