Dous álbums de OQO editora, Cantas pingas na cidade! e Os mil brancos dos esquimós, acaban de ser distinguidos co segundo e terceiro premio, respectivamente, ao Libro Mellor Editado en 2009, na categorÃa de Infantil e Xuvenil, que concede o Ministerio de Cultura. Os dous libros, editados en castelán e galego, forman parte da Colección O, dirixida aos nenos e nenas de 3 a 7 anos de idade. Cantas pingas na cidade! é a primeira colaboración con OQO editora de Eva Montanari, autora dos texos e as imaxes, nos que se recrea cunha especial carga poética a aventura que emprenden as pequenas pingas que preceden a unha pequena chuvieira. En Os mil brancos dos esquimós, a autora lusa Isabel Minhós Martins achégase dun xeito sinxelo ao pobo esquimó. Preséntao na súa faceta máis cotiá: no interior dos iglús, percorrendo as paisaxes xeadas ou navegando en kaiak.