Os xornais anuncian os seus especiais e as publicacións conmemorativas do DÃa das Letras Galegas. A Vida e obra de UxÃo Novoneyra de Manuel Amado distribuirase, entre outros con El Ideal Gallego ou La Región. Pola súa banda, La Voz de Galicia aposta por Arrodeos e desvÃos do Camiño de Santiago e outras rotas, e anuncia a publicación dunha Historia da Literatura Galega coleccionable en vinte volumes. A USC súmase á celebración cunha edición facsimilar do manuscrito de Os eidos. UxÃa Senlle anunciou que pretende gravar o espectáculo Aires do Courel centrado en textos de Novoneyra. Canda a estas producións, anúncianse diferentes actividades de bookcrossing, concertos, e festas na propia data do 17 ou nas inmediatamente anteriores.