A última edición do Premio de PoesÃa Concello de Carral xa ten gañador. A obra As crebas, de Miro Villar, foi seleccionada polo xurado atendendo á súa mestura de clasicismo, culturalismo e compromiso social. O gañador leva 2.000 euros de premio e verá a súa obra publicada en Espiral Maior.