A orde que regula a adquisición de novos libros para as bibliotecas de centro do ensino non contempla unha cota especÃfica de obras en galego. A convocatoria equivalente do pasado ano establecÃa que como mÃnimo, a metade das novas adquisicións debÃan estar na nosa lingua. Agora, o criterio que se establece é que nas compras deberán contemplarse "a multiculturalidade e as diferentes linguas do centro". A Asociación de Editores denunciou xa que a medida repercutirá de xeito negativo e directo no sector.