Encontros e desencontros é o título do relato co que o compostelán Alberto Gómez acaba de facerse co premio Ánxel Fole de relato curto na modalidade de galego. O xurado destacou do seu traballo que partindo dun blog crea un conto cunha atractiva tensión narrativa. Na modalidade de castelán, a vencedora foi Maria Luisa Frisa Gracia por un texto titulado Matar a un hombre que, sitúa a súa historia na Guerra Civil para facer unha homenaxe aos grandes escritores. Cada modaldiade está dotado con 1.000 euros.