O Maio das Letras en Compostela achegará recitais poéticos nos bares, teatro, danza e exposicións e obradoiros e banda deseñada á capital galega. Do mesmo xeito, son moitas as localidades que presentaron os seus programas para o mes no que se celebra o DÃa das Letras. Deste xeito, en Pontevedra teñen o Mes da Lingua, cunha exposición sobre a historia da lingua galega e outra sobre o grupo Brais Pinto. Conferencias, cinema, teatro e roteiros son outras das actividades programadas. En Carballo terán entre o 9 e o 14 a súa Semana do Libro e da Lectura, que inclúe unha mostra de gravados en homenaxe a Novoneyra, ademais de contacontos, concertos e actividades de rúa. Pola súa banda, en Redondela inclúen na súa programación un intercambio coa localidade de Monção, canda a festas na rúa e presentacións.