Entre abril de 2007 e 2008, Xavier Queipo (Santiago, 1957) publicou en Culturagalega.org unha correspondencia aberta sobre literatura. Un itinerario de libros, personaxes e historias que agora salta da rede ao papel da man de Galaxia. “Son os mesmos textos, pero ordenados doutra maneira por criterios temáticos e cun pequeno agasallo: unha colaboración que fixen con motivo do Galeusca”. Baixo o mesmo tÃtulo co que foi publicada na rede, Cartas marcadas preséntase ao público mañá en Bruxelas, cidade na que vive desde hai dúas décadas este autor que ten no seu haber premios como o Premio da CrÃtica Española. Galaxia non quixo desaproveitar a particular xénese desta nova publicación, por iso Queipo colga desde hai unhas semanas no blog da editorial pequenas reflexións sobre a literatura e a lingua galega que sirven, ademais, de atÃpica promoción desta publicación.