Santiago homenaxea a Valente creando unha cátedra de Poesía e Estética

Valente por sempre

| | Seccións: Literatura
Compartir:

José Ángel Valente perdurará na memoria da Universidade Compostelana (USC). E faráo a través dunha biblioteca e dun arquivo que reunirá na facultade de filoloxía a totalidade da súa producción literaria. Ademais, a Cátedra de Poesía e Estética permitirá afondar no estudio da obra do poeta ourensá.

Biblioteca e Arquivo




Un total de sete mil volumes conforman os fondos da Biblioteca e do Arquivo de José Ángel Valente que dende onte se poderán consultar na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago (USC). Un conxunto de volumes que foi donado á institución pola familia do escritor ourensán. Unha biblioteca que, segundo Rodríguez Fer, secretario da cátedra, ofrece unha visión ampla da calidade e variedade do escritor ourensán.


Cátedra


Co título "Cátedra de poesía e estética José Ángel Valente" poderase profundizar na súa obra. Rodríguez Fer, secretario da cátedra, amigo perosal e gran coñecedor de Valente recoñeceu que foi un dos grandes creadores de Galicia, e que mestura na súa obra oriente, occidente, vangarda, mística, tradición e universidade. Ademais, será Luis Iglesias Feijóo o que dirixa a Cátedra creada na Universidade de Santiago, que servirá de base para investigadores e analistas da obra deste escritor. Neste sentido destacou que sobre a obra e a figura deste escritor ourensá se fixeron teses dende Estados Unidos ata Nova Zelanda.


Obra póstuma



"Fragmentos dun libro futuro" é a obra que recolle os últimos postulados da obra de Valente. Un testamento lírico que culmina o itinerario poético do autor e que vai a editar o Círculo de Lectores. Esta é outra das actividades organizadas durante esta semana para honrar ó escritor; hoxe o profesro Arthur Terry imparrtirá unha conferencia sobre a idea da linguaxe na poesía española contemporánea. Un ciclo de ponencias que abordarán o misterio da palabra, o signo e a súa orixe e que terán lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía ata o venres.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, USC, Estados Unidos, Ourense

Claves

Entidades
Conceptos