A SGAE sinala unha "moderada caída" dos dereitos de autor en Galicia

A regularización dos atrasos da TVG compensa a caída da recadación da SGAE

Varios eventos frearon a caída da recadación de dereitos de autor que realiza a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) e que baixara notablemente no 2008. En relación a ese baixón, a SGAE sinalou substancialmente tres factores: no sector privado, o concerto de Bruce Springsteen en Compostela e as actuacións de Les Luthiers en Vigo e A Coruña e, no sector públcio, a "regularización de atrasos" da TVG, que supuxo o pagamento dos dereitos relativos a dúas temapdas completas e que supuxeron un 5,87 millóns de euros. Para a SGAE, o balance global "amosa un comportamento aínda negativo".


Balance da SGAE en Galicia no 2009.