El Patito editorial publicará o Wolverine de Das Pastoras

Tamén verá a luz en galego a Carapuchiña vermella de Víctor Rivas

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa da edición americana de Carapuchiña Vermella

Capa da edición americana de Carapuchiña Vermella

Os traballos que o debuxante Das Pastoras fixo para Marvel co personaxe de Wolverine terán versión en galego. Os títulos Revolver e Switchback verán a luz nun único volume ao longo do mes de maio. Ademais dos títulos do coñecido mutante, a editora presentará en xuño as edicións en galego e castelán do Carapuchiña vermella que ilustrou Víctor Rivas sobre un guión de Martin Powell e que vira a luz da man de Stone Arch Books en Estados Unidos.

Que che parece esta nova?
117 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Das Pastoras, Víctor Rivas, El Patito Editorial, Guión...

Claves

Conceptos
Lugares