Desde hai séculos é ben coñecida a riqueza das augas que rodean o noso país. A grande biodiversidade das mesmas puxo en pe unha puxante industria pesqueira, agora vida a menos. No entanto, existen moi poucos espazos mariños que conten con figuras de protección específica na nosa costa, e a miúdo a súa importancia pasa desapercibida para o conxunto da sociedae. Agora, a vindeira posta en marcha da Rede Natura 2000 Mariña achega novas oportunidades de protección para o noso patrimonio natural mergullado.
Obviamente, o Parque nacional Illas Atlánticas é nesta altura o referente á hora de falarmos de espazos mariños protexidos no noso país, o contar coa maior figura que recoñece a lexislación española neste sentido. Tamén nos últimos anos apareceron iniciativas como Mar de Lira ou, en Cedeira, na que os propios mariñeiros de cada unha destas acordaron non explotar áreas concretas da costa para conseguir así unha mellor recuperación dos recursos pesqueiros. Agora, a aplicación da Rede Natura 2000 Mariña desde a Unión Europea abre novas posibilidades para a biodiversidade das nosas augas.
Protexer os fondos
Malia a que a Rede Natura convencional afecta a determinados espazos costeiros e mariños, por defecto a súa protección só chega a áreas pouco fondas, fundamentalmente marismas e estuarios de ríos que adoitan ser zonas de especial riqueza ornitolóxica. Tamén, pola importancia das especies afectadas, se integran nesta rede localizacións especificamente mariñas, como o mar adxacente a Corrubedo ou á Illa de Ons. Agora, a nova figura permitirá que conten con este estatus hábitats máis afastados da costa ou que abranguen unha maior profundidade. Cando se comezou coa Rede Natura faltaban directrices para o Medio Mariño, lembra José Luís Baleato, responsable de biodiversidade na Comisión Permanente da Federación Ecoloxista Galega. Polo de agora, o espazo que conta con máis números para se integrar nesta nova figura é o coñecido como Banco de Galicia, unha montaña mergullada a 200 quilómetros ao oeste da nosa costa, sen ningún anaco de territorio emerxido. A Fundación Biodiversidade, que depende do Ministerio de Medio Ambiente, está a desenvolver, en colaboración con diversas organizacións ecoloxistas unha serie de estudos para coñecer polo miúdo o potencial da área, no marco do proxecto Indemar. Pero non é en absoluto a única opción.
O Banco de Galicia
Alfredo López é un dos membros da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños que nos últimos anos está a investigar o Banco co proxecto Indemar. Segundo explica Basicamente falamos dunha montaña submarina que está a unhas dúascentas millas da costa galega. A súa importancia é que, estando no medio do Océano, é unha zona de pouca profundidade, e iso a nivel de biodiversidade é como se fose unha illa. Ademais a área está pouco explotada, porque ao estar lonxe non compensaba moito o resultado a nivel económico. Segundo explica López, a esa distancia da costa chegaba mesmo a se coller carangexo real. Canda a isto, destacan diferentes especies de coral, aves oceánicas e cetáceos. O pasado ano fixemos unha campaña para estudar estas últimas especies, en maio imos desenvolver outra e logo quérese incrementar o coñecemento das especies de profundidade. E é que, malia ao potencial ecolóxico do lugar, existen poucas investigacións de carácter científico sobre o mesmo. O que se sabe sobre todo é a nivel de recursos pesqueiros. É de agardar que aparezan bastantes máis cousas ao se incrementar a investigación. Non faltan, no entanto, ameazas para a área. Para alén dunha relativa explotación pesqueira, pode haber risco de verteduras e mesmo depósitos de residuos que se deitaron no Atlántico en distintos momentos, pero en xeral o espazo consérvase bastante ben grazas a que está relativamente lonxe.
Rede alén do Banco
Ademais deste espazo, a Rede Natura Mariña ten moitas posibilidades de integrar ampliacións cara ao mar das áreas costeiras que xa están integrados na rede convencional. Era un proxecto que xa manexaba a Consellaría de Medio Ambiente na anterior lexislatura. As Zonas de Especial Protección para Aves do litoral ampliábanse de cara ás zonas mariñas, pero ata onde sei, non se fixeran estudos específicos dos fondos, lembra Baleato. Debemos lembrar que a Unión Europea recomenda incluír nesta figura un mínimo de territorio e de hábitats, polo que a fórmula da ampliación preséntase como o xeito máis sinxelo de cumprir estes obxectivos. O contorno do Parque Nacional Illas Atlánticas, áreas da Costa da Morte e algunhas outras áreas preséntanse como candidatos prioritarios a esa ampliación. Segundo explica desde a Federación Ecoloxista, é mesmo posible que a Rede Natura 2000 Mariña, malia a afectar fundamentalmente a áreas cubertas polo mar, dea nunha maior protección da costa. Por lóxica, se protexe un fondo mariño, habería tamén que evitar actuacións na zona litoral que lle poidan afectar. Outra cousa é que iso se chegue a facer. Desde a CEMMA, López sinala que hai moitas áreas de interese para as aves e para a alimentación e supervivencia de cetáceos que deben protexerse. Haberá que ver a figura máis acaída para cada espazo, pero hai que abordar iso. A protección mariña leva moito atraso en relación á terrestre.
A protección e o sector pesqueiro
O feito de protexer un espazo mariño no que, en moitas ocasións, nin sequera existe costa, complica en moi boa medida que a sociedade se faga consciente das vantaxes que supón dispor deste tipo de figuras. De feito, para parte do sector pesqueiro, a posibilidade de que se amplíen os espazos nos que a súa actividade pode estar restrinxida pode chegar a ollarse con temor. Nese sentido, Alfredo López salienta a importancia de que o sector pesqueiro sexa consciente das posibilidades que lle achegan os espazos protexidos. O sector é consciente do estado no que está o mar, pero ao haber unha forte presión económica pode resultarlle difícil avanzar nesta liña. Na protección dos recursos está a garantía da propia supervivencia das comunidades pesqueiras, advirte. Na mesma Liña, Baleato apunta que, en determinadas áreas haberá que limitar actividades. Por exemplo, se no Banco de Galicia son de tanta importancia os corais, non se pode permitir a pesca de arrastre neses fondos. O que se debe entender é que estas figuras achegan tamén moitos beneficios. Do mesmo xeito que nas reservas mariñas de Lira e de Cedeira, un espazo como o Banco de Galicia pode funcionar ao xeito dun coto de pesca ou de caza. Sería un reservorio no que as especies se reproducen e se recupran, e iso podería axudar a conseguir maiores rendementos na pesca ou a reducir os paros biolóxicos. Conscientes desta necesidade, a CEMMA e o proxecto Indemares procuran manter un contacto continuado co sector. Fanse enquisas, embarques en pesqueiros e procúrase ver a sensibilidade do sector neste sentido, para ver como se pode proxectar isto e que vexan o aspecto positivo, lembra López.
Beneficios sociais
A posibilidade de que unha área no medio do mar se convirta, por exemplo, nun atractivo turístico, ao xeito dos espazos protexidos en terra, semella bastante complicado. É difícil traballar nese sentido porque non todo o mundo pode saír ao mar e o Atlántico é duro. Pero pode haber fórmulas. Na CEMMA convidamos a xente a participar en saídas de investigación, non é unha visita turística no sentido máis convencional, pero pódese pensar nalgunha opción dese estilo. Pola súa banda Baleato lembra, que nos azores, por exemplo, se aproveita moito a observación de cetáceos. Posiblemente será un turismo a máis longo prazo, máis desestacionalizado que o de praia e cun maior gasto por persoa, apunta.
O proceso para que a Rede Natura Mariña sexa unha realidade nas nosas costas é aínda lento. O proxecto Indemares prevé continuar a documentación nese sentido ata o vindeiro 2013, e despois a protección entrará na fase política do seu percorrido. No entanto, como sinala lópez, hai que abordar iso, porque se non ímonos atopar con que enchen o mar de aeroxeradores en calquera lugar.