O programa Media concede unha axuda ao desenvolvemento do documental Querida Gina

O traballo estará dirixido por Susana Sotelo e producido por Artemática

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Cincuenta anos despois de que dous amigos de Cans (Pontevedra) actuaran de extras nunha película protagonizada por Gina Lollobrigida Salomón y la reina de Saba mentres facían o servizo militar, deciden revisitar as lugares da rodaxe. Esa viaxe, que tamén os leva a Italia a coñecer a Gina Lollobrigida, servirá a Susana Sotelo para filmar un documental (Querida Gina) que contará o inicio da época do chamado Hollywood Español. O documental, producido por Artemática, acaba de recibir unha axuda a desenvolvemento do Programa Media e está en fase de busca de financiamento.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Hollywood, Cans, Pontevedra...